Partido disputado o sábado, 9 de outubro de 2010 en Lesende.
Xogaron de saída Miranda, Santi, Polo, Jaime, Miguel, Vahamonde, Nieto, Pirulo, Aly, Ernesto e Ganda. Tamén xogaron Pardal, Manel, Tono, Juan, Campos, Diego, e Cuto.
Por onde empezo? Porque estou cabreado por non gañar este partido, pero certo é que tamén o puidemos perder.
Xogamos mal, peor que os outros partidos anteriores, e, en cambio, empezamos gañando, con un gol en propia meta dun defensa do Ventosa. Xa nos víamos felices e relaxados e tralo descanso, tivemos dez minutos de pesadelo, no que o equipo contrario se nos subeu á chepa. Nun saque de banda, cubrímonos o lateral ao noso interior e recibe o balón o do equipo contrario que recibe falta. Ao saque da falta, hai un no segundo pau máis só que a illa de Pascua, rematando a pracer. Uns minutos despois, unha internada pola mesma banda acaba en penalti (claro, Miguel, claro, que se oeu en Noia), e... 1-2, nun vira vira. Antes do empate, Pirulo de penalti cometido sobre Aly, Diego marca pero o árbitro pita fora de xogo (persoalmente, equivocouse). O partido entra nun "correcalles" e outro contraataque do Ventosa remata en gol tras unha serie de rechaces. A falta de dous minutos para o final, Pardal remata de cabeza un corner e 3-3, e menos mal.
Sábado, ás 18:30 xogamos contra o Rosalía que tamén ten un punto. A ver...
metemos tres goles para so gañar un punto, nos partidos anteriores con equipos mais superiores saimos mais concentrados e dou resultado. Animo, volvamos a ese punto de partida e deixemos atras estes partidos de pena.
ResponderEliminarOK con Miranda e o delegado.Pasable 1 parte e na 2 parte e co 1-0 pensábamos que íbamos sobrados,eso e que xa nos adaptamos a categoria en tempo recor.
ResponderEliminarOs de ventosa, un desastre de equipo(discutindo e incluso combate de boxeo) abonados o descenso.
Os de Riveira meteronlle unha malleira aos de guadalupe, outros como os de ventosa, bronca todo o partido e expulsaronlle a 2 xogadores.Xa temos 2 equipos abonados o descendo.Temos que encontrar outros dous e mision cumplida.Por certo o partido co rosalia e un 1 fixo na quiniela.
ese jaime ese jaime eh. unha vez que consigamos a primeira victoria vamos a ir para arriba jejejeje. ollo! con algun reforzo e con toda a plantilla disponible, xa seriamos imbatibles, ja, ja jaja
ResponderEliminarPara que queredes reforzos, según o mister e Matito o sábado tendes un delantero centro novo....seica foi máximo goleador nas categorias inferiores no c.f. pequeniños de tállara.
ResponderEliminarahí, ahí, se escribe gandarela esto xa ten marcha, tíos. Vámonos a reir, gañar non gañaremos partido, pero vámonos a reir...
ResponderEliminarGanda, creo co presi ( onde andará) non está pola labor dos fichaxes.O mister ten recursos suficientes, e o cuto amo.
ResponderEliminarNota: Non te olvides de levarlle a tiza.