Outra semana máis sen gañar, e xa van unhas cuantas. Gustaríame por unha vez narrar unha vitoria no blogue.
Partido disputado no campo de Lesende o Sábado 16 de outubro do 2010 ás 18:30. Aínda nos van a dicir que non facemos máis que chorar, pero é certo, ca......, que tivemos a vitoria nas nosas mans e no último minuto, auga.
Xogaron de saída Miranda, Santi, Manel, Jaime, Miguel, Vahamonde, Eiras, Ganda, Ernesto, Juan e Pardal. Tamén xogaron Aly, Campos, Diego, Cuto e Paco Rentero.
Comezamos xogando mellor e máis enchufados que o equipo contrario (un bo equipo, na miña opinión, cun xogador, o nº 11 dunha calidade sublime) e nun pase polas costas da defensa de Eiras a Ernesto remata nun bonito gol. Debeulles gustar tanto a xogada aos do Rosalía, que a calcaron no gol do empate, obra do seu número 11. Antes do descanso, Miranda providencial salvou un man a man co seu dianteiro.
Na segunda metada xogamos moito mellor. Eles levaron pouco perigo e o 11 fixo menos pupa. Unha xogada de Eiras aos 20´ aproximadamente rematou no 2-1. De ahí ao final tivemos varias clarísimas (a de Pardal diante do porteiro e deixandoa atrás a Ernesto que estaba no estranxeiro, non a entendo, aínda que eu non sei moito de fútbol). Tamén Campos, Diego e Aly tiveron algunha.
Faltando tres minutos, desbaraxuste. Eles avisan rematando ao longueiro. E nun saque de corner (eles tiñan un equipo de baloncesto xogando no equipo de fútbol), rexeitamento, contrarexeitamento, etc. non a cheiramos, e claro, gol (se non fose desa aínda lle daríamos outro rexeitamento ohu...) 2-2 e o árbitro (moi ben) pita o final tras o gol. Jode, non jode? pois a mamar.
Próximo partido, en Bertamiráns contra o Don Budi. Nunca lle gañamos a este equipo, así que, como dixo alguén nos vestiarios, un dous na quiniela...
O sabado estaremos en Bertamirans para destrozar as estadisticas e cumplir co dous de esa quiniela. Juan gracias polas alavanzas pero foi unha rodilla contra algo moi duro que me hinchou tanto que se fora todo musculo non me queixaria. Forza e animo compañeiros.
ResponderEliminarGanda¡¡ Ganda¡¡ el 19¡¡ el 19¡¡
Outra cronica do partido, visitade rosaliafv.blogspot.es,
ResponderEliminar