sábado, 2 de octubre de 2010

MADERAS RAMOS-METAL NOIA 1-0

Partido disputado no campo de Calo o día 2 de outubro de 2010, nun día feote. Pois non perdemos por máis dun gol, como anticipei a semana pasada, non... Agora, os mesmos erros dos dous partidos anteriores.
Xogaron de saída: Miranda, Ganda, Jaime, Miguel, Manel, Vahamonde, Ernesto, Tono, Pardal, Nieto e Aly. Tamén xogaron Polo, Santi, Campos e Cuto.
Comezamos mal, rematadamente mal. Nos primeiros quince minutos xogamos acomplexados, nerviosos, precipitados... Aos cinco minutos, unha xogada pola banda esquerda acaba en centro raso que non logra blocar Miranda e o balón quédalle nos pes dun xogador contrario que só ten que empurrala á portería. Mecago na...
Pouco a pouco comezamos a salir da cova con balóns longos a Aly aínda que non creamos perigo. O tempo vai pasando e as forzas vanse equilibrando. Eles tocábana mellor pero tampouco crearon moito perigo.
Na segunda parte, aos poucos minutos Pardal vaise do último defensor e é derrubado. Tarxeta amarela (o árbitro un pouco caserillo); espabilamos e empezamos a crear ocasións e a mellorar no xogo. Aly e Ernesto tiveron ocasións bastante claras. Manel tamén despexou unha clara para eles. O mellor do partido (cinco estrelas) hoxe para Santi (parou moi ben ao da súa banda). O árbitro cortounos un contraataque para meterlle unha tarxeta por protestar a un deles... (non entendo nada).
E así foi, machiños... Seguimos con cero puntos, pero coa sensación de que puidemos sumar algún nestes tres partidos.
O sábado xogamos ás 16:30 en Lesende contra outro recén ascendido (Talleres Ventosa). Lembrade, son xóvenes, moi rápidos e pódennos facer moita pupa como saiamos de cachondeo... Olliño. Temos que estrenar o casilleiro e non esperar á heroica como fai dous anos.

Poñede algún comentario, podendo ser firmado, eh? Sara Carbonero de momento non colle o teléfono.

1 comentario:

  1. A VER SI ANINAMOS ALJO ESTO Q ESTA MOI PARADO, BUENO PARADO DE TODO, HAI QUE TOMAR MEDIDAS XA QUE CON ESTES RESULTADOS O MISTER NON SEI SI CHEJARA A COMER O TURRON, REFORZOS XA. JAJAJA

    ResponderEliminar