martes, 26 de octubre de 2010

DON BUDI-METAL NOIA 1-0

Partido xogado o sábado 23 de outubro do 2010 no campo de Ames. Día perfecto para a práctica do fútbol.
Tiven que esperar tres días para poñerme diante do ordenador a escribir a crónica do sábado, para relaxarme, tranquilizarme e sosegarme un pouco. Estou cabreado, coño, non se pode ter tan mala sorte, xa esgotamos a mala sorte para toda a tempada, espero. Certo é que diante somos máis blandiños que caca de nene, e así perdoando, perdoando, metemos ao equipo contrario no partido. As contras, aínda que me pese decilo, cando non ven Eiras, non sabemos facelas; montamos un contrataque con catro homes contra dous contrarios e o balón acaba sempre morrendo moito antes da área riva, acaba fora ou nas mans do porteiro, nunca no pe dun compañeiro. No me explico, se todos xogamos ao fútbol, en campos de pedrolos, pozas, matogueiras e demais, e controlábamos mellor o balón. En fin...
De saída xogaron o sábado Miranda, Polo, Santi, Miguel, Jaime, Ernesto, Pirulo, Pardal, Vahamonde, Gandarela e Diego. Tamén xogaron Campos, Tono, Paco Rentero e Juan. Miguel lesionouse e é dúbida para o sábado (Vahamonde, sancionado, non poderá xogar).
Xogamos un bo partido, serios en defensa, presionando no medio campo, salvo uns minutos a mediados da segunda metade, ante un equipo de empaque, moi curtido na División de Honor, e xa nos gañaron as tres veces nas que xogamos, aínda que nesta o resultado debeu ser outro.
Quen me veña lendo desde que comezamos a publicar vai a pensar que son un puto chorón, que non fago máis que queixarme, que non merecemos perder contra Pepe Noya, que o resultado contra Boqueixón debeu ser outro, que con Maderas Ramos eles só crearon a ocasión de gol, etc. pero e que é certo, non podo comentar os partidos xogados doutra maneira (excepción feita no partido con Ventosa que merecemos perder e empatamos).
Ernesto tivo a primeira e máis clara da primeira parte. Nunha contra e para contradicir o que escribir máis arriba, quedou só diante do porteiro que se quedou debaixo dos paus e a dez metros da porta... buuum, ao "muñeco". Despois Pardal, Ali, Juan e Diego  puideron facer pupa pero non, respectamos demasiado ao rival, ou non sei.
Na segunda metade eles empezaron dominando. Balóns aéreos, balóns aéreos, pero unhas o porteiro, outra os centrais logramos achicar o bombardeo. Nos tivemos varias contras desaproveitadas e pouco máis. No minuto trinta de xogo Vahanmonde foiselle a pinza e case escacha ao interior direito do Don Budi que voou sen motor... Expulsión merecida. Antes Santi fixo un claro penalti (ao meu entender) que o árbitro non pitou. A todo isto estamos no minuto 50 da segunda metade, con dez, cansos pero felices e vai Ernesto en vez de montar unha contra pola banda, despexa o balón a saque de banda. O seu número 5 que en vez de brazos ten catapultas pon o balón na área. Gandarela vai a despexar, empúrrano levemente e o balón despois de tocarlle na croca fai unha parábola e burlándose de todos nos, como dicindo ahí vou, ata o rabo todo é touro, a joderse machiños, eu non quería pero vou a entrar, pois vai e entrou. Punto pelota. Fin do partido, ata logo Lucas.
Á noite, na cea da agrupación, todo moi ben. Fiestorro. A da orquesta era máis bruta cun arado, pero tiña marcha. 
sábado, en Lesende, contra o Negreira, ollo, un moi bo equipo, que na copa lle gañamos o ano pasado (a penaltis), certo, pero faltáballe xente, ollo. Veñen cabreados pois veñen de perder dous partidos seguidos, así que, esperemos, se a sorte non nos é esquifa, hai que gañar, se non podemos ir facendo a maletiña.



6 comentarios:

  1. Tivestes que esperar 3 dias para relaxarte, ou foi pola cena fiestorro, a tardanza da crónica do partido?. jajaja, polo demais nada que obxectar descripción perfecta do partido, anque as ausencias das estrelas do equipo notanse, jajajaa, que non se me enfade ninguén. un saludo

    ResponderEliminar
  2. Estrela vaite preparando que o sabado vas xogar, pero baixo os paus que e moi probable que eu non poida.

    ResponderEliminar
  3. POIS VAI HABER QUE BUSCAR ALJHEN, PORQUE ESTE MENDA TAMPOUCO, GRASIAS POLO DE ESTRELA, INDA MO VOU CREER, JAJAJA, ANQUE TODOS SABEMOS QUEN SON...............SAU2

    ResponderEliminar
  4. Avisade con tempo, para darlle a feliz noticia a Santi.
    Miranda, Mirandiña, vai a unha curandeira e fai o posible por vir, machiño.

    ResponderEliminar
  5. Masaxes, pomadas, pastillas, mellorou moito pero ainda teño dor o camiñar e non quero pensar correndo. Probei a poñer as botas e non aguanto, e iso sin atalas. Sinto moito pero non podo xogar esta sema. Avisa a Santi e animo equipo que podedes.

    ResponderEliminar
  6. Mirade no meu Facebook, o bonito que esta o pe a Jueves, cinco dias despois de torcelo.

    ResponderEliminar