Infórmase ata novo aviso que este blogue e o blogueiro van a permanecer en Stand-by.
Necesito recargar un pouquiño as pilas, machotes, porque as teño descargadas.
Forza Metal Noia.
Mentras podedes admirar ao meu ídolo Torres neste video.
blogue onde podedes ver os resultados do equipo de veteranos de Noia, ler o comentario dos partidos, ver fotos dos seus integrantes, etc.
lunes, 8 de noviembre de 2010
sábado, 30 de octubre de 2010
METAL NOIA-NEGREIRA VETERANOS 1-1
É de sabios rectificar, polo que pido perdón públicamente a quen se poidera sentir humillado.
Que a saúde sexa con todos!!!
Que a saúde sexa con todos!!!
martes, 26 de octubre de 2010
DON BUDI-METAL NOIA 1-0
Partido xogado o sábado 23 de outubro do 2010 no campo de Ames. Día perfecto para a práctica do fútbol.
Tiven que esperar tres días para poñerme diante do ordenador a escribir a crónica do sábado, para relaxarme, tranquilizarme e sosegarme un pouco. Estou cabreado, coño, non se pode ter tan mala sorte, xa esgotamos a mala sorte para toda a tempada, espero. Certo é que diante somos máis blandiños que caca de nene, e así perdoando, perdoando, metemos ao equipo contrario no partido. As contras, aínda que me pese decilo, cando non ven Eiras, non sabemos facelas; montamos un contrataque con catro homes contra dous contrarios e o balón acaba sempre morrendo moito antes da área riva, acaba fora ou nas mans do porteiro, nunca no pe dun compañeiro. No me explico, se todos xogamos ao fútbol, en campos de pedrolos, pozas, matogueiras e demais, e controlábamos mellor o balón. En fin...
De saída xogaron o sábado Miranda, Polo, Santi, Miguel, Jaime, Ernesto, Pirulo, Pardal, Vahamonde, Gandarela e Diego. Tamén xogaron Campos, Tono, Paco Rentero e Juan. Miguel lesionouse e é dúbida para o sábado (Vahamonde, sancionado, non poderá xogar).
Xogamos un bo partido, serios en defensa, presionando no medio campo, salvo uns minutos a mediados da segunda metade, ante un equipo de empaque, moi curtido na División de Honor, e xa nos gañaron as tres veces nas que xogamos, aínda que nesta o resultado debeu ser outro.
Quen me veña lendo desde que comezamos a publicar vai a pensar que son un puto chorón, que non fago máis que queixarme, que non merecemos perder contra Pepe Noya, que o resultado contra Boqueixón debeu ser outro, que con Maderas Ramos eles só crearon a ocasión de gol, etc. pero e que é certo, non podo comentar os partidos xogados doutra maneira (excepción feita no partido con Ventosa que merecemos perder e empatamos).
Ernesto tivo a primeira e máis clara da primeira parte. Nunha contra e para contradicir o que escribir máis arriba, quedou só diante do porteiro que se quedou debaixo dos paus e a dez metros da porta... buuum, ao "muñeco". Despois Pardal, Ali, Juan e Diego puideron facer pupa pero non, respectamos demasiado ao rival, ou non sei.
Na segunda metade eles empezaron dominando. Balóns aéreos, balóns aéreos, pero unhas o porteiro, outra os centrais logramos achicar o bombardeo. Nos tivemos varias contras desaproveitadas e pouco máis. No minuto trinta de xogo Vahanmonde foiselle a pinza e case escacha ao interior direito do Don Budi que voou sen motor... Expulsión merecida. Antes Santi fixo un claro penalti (ao meu entender) que o árbitro non pitou. A todo isto estamos no minuto 50 da segunda metade, con dez, cansos pero felices e vai Ernesto en vez de montar unha contra pola banda, despexa o balón a saque de banda. O seu número 5 que en vez de brazos ten catapultas pon o balón na área. Gandarela vai a despexar, empúrrano levemente e o balón despois de tocarlle na croca fai unha parábola e burlándose de todos nos, como dicindo ahí vou, ata o rabo todo é touro, a joderse machiños, eu non quería pero vou a entrar, pois vai e entrou. Punto pelota. Fin do partido, ata logo Lucas.
Á noite, na cea da agrupación, todo moi ben. Fiestorro. A da orquesta era máis bruta cun arado, pero tiña marcha.
sábado, en Lesende, contra o Negreira, ollo, un moi bo equipo, que na copa lle gañamos o ano pasado (a penaltis), certo, pero faltáballe xente, ollo. Veñen cabreados pois veñen de perder dous partidos seguidos, así que, esperemos, se a sorte non nos é esquifa, hai que gañar, se non podemos ir facendo a maletiña.
miércoles, 20 de octubre de 2010
AVISO PARA USUARIOS DO BLOGUE
O partido do próximo sábado contra o Don Budi xogarase en horario oficial, é dicir, as 16:30 horas. Facede o favor e ide avisando aos que aínda usen o Tam-tam.
domingo, 17 de octubre de 2010
METAL NOIA-ROSALÍA 2-2
Outra semana máis sen gañar, e xa van unhas cuantas. Gustaríame por unha vez narrar unha vitoria no blogue.
Partido disputado no campo de Lesende o Sábado 16 de outubro do 2010 ás 18:30. Aínda nos van a dicir que non facemos máis que chorar, pero é certo, ca......, que tivemos a vitoria nas nosas mans e no último minuto, auga.
Xogaron de saída Miranda, Santi, Manel, Jaime, Miguel, Vahamonde, Eiras, Ganda, Ernesto, Juan e Pardal. Tamén xogaron Aly, Campos, Diego, Cuto e Paco Rentero.
Comezamos xogando mellor e máis enchufados que o equipo contrario (un bo equipo, na miña opinión, cun xogador, o nº 11 dunha calidade sublime) e nun pase polas costas da defensa de Eiras a Ernesto remata nun bonito gol. Debeulles gustar tanto a xogada aos do Rosalía, que a calcaron no gol do empate, obra do seu número 11. Antes do descanso, Miranda providencial salvou un man a man co seu dianteiro.
Na segunda metada xogamos moito mellor. Eles levaron pouco perigo e o 11 fixo menos pupa. Unha xogada de Eiras aos 20´ aproximadamente rematou no 2-1. De ahí ao final tivemos varias clarísimas (a de Pardal diante do porteiro e deixandoa atrás a Ernesto que estaba no estranxeiro, non a entendo, aínda que eu non sei moito de fútbol). Tamén Campos, Diego e Aly tiveron algunha.
Faltando tres minutos, desbaraxuste. Eles avisan rematando ao longueiro. E nun saque de corner (eles tiñan un equipo de baloncesto xogando no equipo de fútbol), rexeitamento, contrarexeitamento, etc. non a cheiramos, e claro, gol (se non fose desa aínda lle daríamos outro rexeitamento ohu...) 2-2 e o árbitro (moi ben) pita o final tras o gol. Jode, non jode? pois a mamar.
Próximo partido, en Bertamiráns contra o Don Budi. Nunca lle gañamos a este equipo, así que, como dixo alguén nos vestiarios, un dous na quiniela...
lunes, 11 de octubre de 2010
METAL NOIA-TALLERES VENTOSA 3-3
Partido disputado o sábado, 9 de outubro de 2010 en Lesende.
Xogaron de saída Miranda, Santi, Polo, Jaime, Miguel, Vahamonde, Nieto, Pirulo, Aly, Ernesto e Ganda. Tamén xogaron Pardal, Manel, Tono, Juan, Campos, Diego, e Cuto.
Por onde empezo? Porque estou cabreado por non gañar este partido, pero certo é que tamén o puidemos perder.
Xogamos mal, peor que os outros partidos anteriores, e, en cambio, empezamos gañando, con un gol en propia meta dun defensa do Ventosa. Xa nos víamos felices e relaxados e tralo descanso, tivemos dez minutos de pesadelo, no que o equipo contrario se nos subeu á chepa. Nun saque de banda, cubrímonos o lateral ao noso interior e recibe o balón o do equipo contrario que recibe falta. Ao saque da falta, hai un no segundo pau máis só que a illa de Pascua, rematando a pracer. Uns minutos despois, unha internada pola mesma banda acaba en penalti (claro, Miguel, claro, que se oeu en Noia), e... 1-2, nun vira vira. Antes do empate, Pirulo de penalti cometido sobre Aly, Diego marca pero o árbitro pita fora de xogo (persoalmente, equivocouse). O partido entra nun "correcalles" e outro contraataque do Ventosa remata en gol tras unha serie de rechaces. A falta de dous minutos para o final, Pardal remata de cabeza un corner e 3-3, e menos mal.
Sábado, ás 18:30 xogamos contra o Rosalía que tamén ten un punto. A ver...
sábado, 2 de octubre de 2010
MADERAS RAMOS-METAL NOIA 1-0
Partido disputado no campo de Calo o día 2 de outubro de 2010, nun día feote. Pois non perdemos por máis dun gol, como anticipei a semana pasada, non... Agora, os mesmos erros dos dous partidos anteriores.
Xogaron de saída: Miranda, Ganda, Jaime, Miguel, Manel, Vahamonde, Ernesto, Tono, Pardal, Nieto e Aly. Tamén xogaron Polo, Santi, Campos e Cuto.
Comezamos mal, rematadamente mal. Nos primeiros quince minutos xogamos acomplexados, nerviosos, precipitados... Aos cinco minutos, unha xogada pola banda esquerda acaba en centro raso que non logra blocar Miranda e o balón quédalle nos pes dun xogador contrario que só ten que empurrala á portería. Mecago na...
Pouco a pouco comezamos a salir da cova con balóns longos a Aly aínda que non creamos perigo. O tempo vai pasando e as forzas vanse equilibrando. Eles tocábana mellor pero tampouco crearon moito perigo.
Na segunda parte, aos poucos minutos Pardal vaise do último defensor e é derrubado. Tarxeta amarela (o árbitro un pouco caserillo); espabilamos e empezamos a crear ocasións e a mellorar no xogo. Aly e Ernesto tiveron ocasións bastante claras. Manel tamén despexou unha clara para eles. O mellor do partido (cinco estrelas) hoxe para Santi (parou moi ben ao da súa banda). O árbitro cortounos un contraataque para meterlle unha tarxeta por protestar a un deles... (non entendo nada).
E así foi, machiños... Seguimos con cero puntos, pero coa sensación de que puidemos sumar algún nestes tres partidos.
O sábado xogamos ás 16:30 en Lesende contra outro recén ascendido (Talleres Ventosa). Lembrade, son xóvenes, moi rápidos e pódennos facer moita pupa como saiamos de cachondeo... Olliño. Temos que estrenar o casilleiro e non esperar á heroica como fai dous anos.
Poñede algún comentario, podendo ser firmado, eh? Sara Carbonero de momento non colle o teléfono.
domingo, 26 de septiembre de 2010
METAL NOIA-BOQUEIXÓN 1-3
Partido disputado en Lesende o 25 de setembro de 2010. Primeira parte para olvidar na que en dous fallos defensivos nos chantan dous goles. E a navegar contra corrente. Equipo o de Boqueixón moi, moi novo, que é rápido e con bo toque, pero, personalmente, non tan fiero como eu esperaba (gustoume máis fai dous anos). De feito, na segunda parte estiveron "coa mosca no ubre", posto que marcamos (primeiro gol desta tempada, gol de Aly) e Gandarela rematou un cabezazo ao poste cando peór estaban eles. Eiras tivo dous man a man co porteiro que non chegou a definir e... ahí estivo a diferencia, penso eu, do partido. Pudemos empatar, si, e aínda diría máis, pudemos gañar, pero... Á falta de tres minutos, un contrataque previo fallo en cadea de parte do equipo puxo o difinitivo 1-3, e cara de parvos...
Non nos podemos desanimar, isto era previsible, como dixo Jaime, "entraba na quiniela", como tamén entra na quiniela perder o sábado contra Madeiras Ramos, por máis dun gol.
A nosa liga comeza co Talleres Ventosa, tíos.
Sábado xogamos ás 16:30 en Calo. Saímos as 15:15 de Noia.
domingo, 19 de septiembre de 2010
PEPE NOYA- METAL NOIA 1-0
Partido disputado o 18 de setembro de 2010 no campo do Sar ás 17:30, sobre un campo de terra en malas condicións. Comenzou dominando o partido o Pepe Noya. Nos estabamos ben organizados atras e non sufrimos apenas perigo na primeira parte. Aos cinco minutos, choque de cabezas entre o número 9 e Gandarela, que remata cos dous no chan. Como era previsible, a peor parte levouna o xogador do Pepe Noya cun importante "chichón" nunha cella, aínda que non houbo sangue, e todos puideron continuar xogando.
Na segunda parte pasamos a dominar o medio campo (traballo expléndido de Manolo Vahamonde), estirándonos e chegando á frontal da súa área asiduamente, pero faltounos precisión no último pase. Así, Pardal, Campiños, Aly e Ernesto puideron enchufar algunha. Eles só crearon certo perigo nun córner.
Chegamos aos últimos dez minutos coas táboas iniciais (un bon resultado, pensaba eu), cando un balón en profundidade ao que chega Ganda (o mellor ata o momento), e en vez de despexalo, perdeo (certo é que sufriu unha falta previa), e deixa ao número 25 diante de Miranda que nada pode facer...
Mala sorte.
O árbitro, moi caseiro.
Ben, primeiro partido en División de Honor, e ... auga, aínda que puidemos sacar algo positivo.
Para a semana, outro oso duro de roer... o Hermanos Couto Boqueixón, "ahí es nada", ás 17:30 en Lesende.
Chao.
martes, 7 de septiembre de 2010
COMEZAMOS....
O martes, 7 de setembro do 2010, comezamos esta aventura que espero a levemos a cabo entre todos os integrantes do equipo. Así que xa sabedes, os sábados a xogar (e a gañar), e o resto da semana, se podemos, hai que encher este blogue; así que.. traede noticias, comentarios, fotos, videos, ou o que querades, compañeiros blogueiros, e a comentar (espero) as victorias do Metal Noia, e, por que non, as do Noia na Rexional Preferente:
Por de pronto, aviso: o sábado 11, ás 18:00 horas xogamos o derradeiro amistoso contra o Terra de Xallas, en Lesende. Sede puntuais, e vinde todos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)